

Security policy (edit with Customer reassurance module)
Delivery policy (edit with Customer reassurance module)
Return policy (edit with Customer reassurance module)
Lean Enterprise Institute
O LEAN LEXICON, publicado polo Lean Enterprise Institute sen ánimo de lucro (LEI), recolle termos e ilustracións sobre o xeito no que os principios de negocio Lean se refiren á planificación estratéxica, ós fluxos de subministración e ó desenvolvemento de produtos.
O novo léxico, publicado por primeira vez en xaneiro de 2003, ten 125 páxinas, que contén 61 ilustracións e 193 termos clave do informe A3 a Yokoten. O léxico xa abarca termos clave de empresas Lean como jidoka, kanban, kaizen, consumo Lean, produción Lean, empresa Lean, produción pull, traballo estandarizado, takt tiome, sistema de produción de Toyota e mapeado de fluxo de valor. Tamén ten unha guía sinxela dunha páxina para pronunciar termos xaponeses e unha sección con iconas de mapeo de fluxo de valor.
A diferenza da maioría dos outros glosarios comerciais en impreso ou en liña, o léxico está centrado exclusivamente no pensamento e na produción Lean. Tamén fai un uso abundante de ilustracións e exemplos, e compilouse con aportacións de xerentes e enxeñeiros que implementaron lean. Para face-lo libro o máis útil posible, a investigación de LEI incluíu a enquisa á Comunidade Lean sobre qué conceptos e termos eran máis confusos. Os termos relacionados co tempo estaban entre os que encabezaron a lista de respostas, polo que o Léxico dedica varias páxinas e ilustracións a termos como o tempo do ciclo, o takt time e o tempo de creación de valor.
Ficha Técnica