

Security policy (edit with Customer reassurance module)
Delivery policy (edit with Customer reassurance module)
Return policy (edit with Customer reassurance module)
Lluís Cuatrecasas
Claves para unha economía e finanzas máis responsables, personalizadas e afastadas dos desperdicios.
A recente crise foi o resultado dun modelo de xestión posto en marcha dende principios do século pasado, que levou ó mundo a consumir fugazmente e a xerar burbullas, malgastando recursos proporcionados por entidades financeiras, sen aplicar o control necesario. Como consecuencia destas prácticas inapropiadas, o consumo caeu drasticamente e os recursos financeiros fixéronse moito máis difíciles de obter.
Para non caer nos mesmos erros, é necesario cambiar definitivamente o paradigma e esquecernos de xerar produtos e servizos a gran escala, despersonalizados e que non teñen en conta as preferencias dos clientes. Os novos enfoques, para os que a eficiencia e a innovación son parte esencial do seu ADN, xa levan uns anos introducíndose e as empresas que operan de acordo con eles están obtendo magníficos resultados. Este é o camiño que deben emprende-las empresas agora e no futuro.
Ficha Técnica
Tamén che podería gustar