

Security policy (edit with Customer reassurance module)
Delivery policy (edit with Customer reassurance module)
Return policy (edit with Customer reassurance module)
Eric Ries
O MÉTODO LEAN STARTUP é un novo enfoque que se está a adoptar en todo o mundo para cambiar o xeito no que as empresas crean e lanzan os seus productos.
Eric Ries define unha startup como unha organización dedicada a crear algo baixo condicións de extrema incerteza. Isto é certo tanto para os que traballan no garaxe da túa casa como para un grupo de profesionais expertos dunha das empresas que aparecen no ranking da revista Fortune. O que todos teñen en común é a misión de cruzar a incerteza para atopa-lo camiño cara a un negocio sostible.
O enfoque que o autor nos amosa en EL MÉTODO LEAN STARTUP fai que as empresas sexan máis eficientes no uso do capital e apoiando máis a creatividade humana. Trátase de poñer en práctica diversas prácticas que acurtan o ciclo de desenvolvemento do producto, miden o progreso real sen recorrer a indicadores fachendosos e axudan a comprender o que realmente desexan os consumidores.
Ademais, este método permite que a empresa cambie de dirección rapidamente e altere os plans minuto a minuto.
En lugar de perde-lo tempo deseñando plans de negocio elaborados, o MÉTODO LEAN STARTUP ofrece ós empresarios de grandes e pequenas empresas o mellor xeito de probar continuamente a súa visión, adaptala e axustala antes de que sexa demasiado tarde.
Ficha Técnica
Tamén che podería gustar